martes, 22 de maio de 2018

MARÍA VICTORIA MORENO

Este ano as letras galegas dedícanse a escritora María Victoria Moreno.
Na nosa aula traballamos a autora coñecendo datos da súa vida como que naceu en Cáceres e viaxou en Galicia, onde foi profesora en distintos institutos como por exemplo en Lugo e finalmente Pontevedra.
Falaba moitos idiomas, entre eles o galego, polo que sentía unha admiración especial. Foi amante dos animais e defensora dunha educación baseada no xogo e nos intereses dos mais pequenos. 










Traballamos o poema O Almorzo do libro Un cachiño de bica? Sobre o cal realizaremos unha actuación.
Ademais fixemos un pequeno libro onde traballamos o poema con sellos de letras, debuxos…
 














Entre todos os cursos fixemos un gran mural que se baixara a calzada xunto aos demais coles:








LETRAS GALEGAS 2018




Ningún comentario:

Publicar un comentario