martes, 18 de decembro de 2018

AVISOS: FESTIVAL NADAL

Mañá enviarei a nota na que se confirma que estades convidados o VENRES 21 DE DECEMBRO ao festival de Nadal.
Será as 12:30
Esperemos que vos guste moito a nosa actuación. Estamos practicando para que nos quede moi bonita. Xa estamos nerviosos!
 
 
______________________________________________
 
PD1: O xoves compartirei con vós una recomendación de libros en letra de palo, xa que moitos estades interesados. Desculpade, pero xa sabedes que os finais de trimestre deixannos case sen tempo.
 
PD2:  O xoves enviaremos os boletíns e algúns dos traballos do primeiro trimestre relacionados con Samaín, Outono, Vendima e As cartas.
 
Unha aperta,
A profe Silvia
 
 
 

DECORACION PORTA NADAL

Na clase azul decidimos decorar a nosa porta.
Cada un de nós encargouse de facer unha cousa:
 
  • Pintar as ventás
  •  Pintar os ladrillos da chimenea
  • Pintamos e recortamos as bolas de Nadal
  •  Recortamos a lúa
  • Pintamos os renos
  • Pintamos as casiña
  • Puxemos o algodón
E  por fin obtivemos o produto final….
Que vos parece? A que estamos moi guapos/as?
 
 
 
 
 

 
 
 


 
 


 

 
 
 

 

MONTAMOS A ÁRBORE DE NADAL

  Estes días temos un pouco abandonado o noso proxecto de traballo, xa que estamos a ensaiar para o festival e facendo cousiñas de Nadal.
Realizamos un adorno para colgar na árbore da escola e a estivemos  a decorar.























 
Tamén aproveitamos para facer uns bonequiños de neve para poder colgar na árbore da nosa casa.
Gústanos moito facer este tipo de tarefas, xa que entre todos e acompañados de música pásasenos a mañá voando. Espero que vós guste!


 

DECORACIÓN DE NADAL

Os renos chegan ao cole. Mirade  que bonitos lles quedaron aos nenos e nenas da clase azul.
 








 
Moitas grazas familias!

venres, 14 de decembro de 2018

AVISO


Estimadas familias, unha vez mais necesito a vosa axuda. Xa que o próximo venres imos a celebra o Festival de Nadal, gustaríame que os nenos e nenas da aula azul trouxeran o seguinte:
MARTÍN, MARTINA, AROA, AINOA, LAURA, ALBERTO  E ELENA: un pixama para poder poñer por riba da roupa.
SOFIA, NACHO, YAGO, ANDRÉS, NADA, IRENE E FATIMA: Vir vestidos todos de negro.
IVO: Se pode ser traer uns peterpans de cor vermella.
Se non podedes por calquera motivo, facédemo saber, xa que así intentaremos dende o cole caracterizar a nosa función do mellor xeito posible.
Moitísimas grazas unha vez mais. Desexo que vos guste.
Un saúdo,
A profe Silvia

mércores, 12 de decembro de 2018

AVISO

Estimadas familias, unha vez mais precisamos da vosa axuda para decorar o noso cole. É por iso que vos enviamos un debuxo que vós decoraredes podendo empregar todo tipo de material. A data de entrega será ata o martes 18
Moitas grazas pola vosa colaboración.

ESCRIBIMOS A CARTA AOS REIS MAGOS

Somos tan maiores que xa escribimos a carta aos Reis
 Magos.
Nela marcamos se nos portamos ben ou regular e non podía ser menos que todos puxeron que se portaban XENIAL! Como ben é certo.
Cando virán os Reis Magos a recollelas?