mércores, 30 de xaneiro de 2019

30 DE XANEIRO: CONMEMORACIÓN DÍA DA PAZ

Hoxe foi un gran día, na EEI A Pastora celebramos o Día da Paz e da Non Violencia.
Para iso decidimos entre todos e todas facer un gran mural. Puxemos as nosas mans blancas nunha cartolina do cor da nosa aula, e por detrás escribimos una palabra que nos lembre o que é a paz.
Tras falar e reflexionar cada un dos nenos e nenas da clase azul escribiu e decorou a súa verba favorita de paz.




































A continuación bailamos e fixemos una gran conga con todos e todas os nenos e nenas do cole. Bailando a DANZA DA PAZ de Mamá Cabra. Pasámolo xenial. 

Na nosa aula tamén escoitamos cancións como:






Pero sen dúbida o mais importante é entre todos crear un mundo mellor. 





Alberto cumpre 6 anos: FELICIDADES !

O día 29 de Xaneiro Alberto estivo de aniversario
Comeron unha tarta moi rica e repartiu unas lambetadas.
Hoxe fixemos a coroa para que teña de recordo.
Unha vez mais, millóns de felicidades Alberto! Que sexas moi feliz.










mércores, 23 de xaneiro de 2019

O mundo a partires dos contos

Seguimos a traballar no noso proxecto. Nesta ocasión e xusto de emprender a nosa viaxe ao polo Norte e ao Polo Sur coñecemos as bandeiras de Europa, España e Galicia.


Para iso as recortamos e xogamos co panel facilitado por Elena . Buscamos a bandeira do noso país e a pegamos no panel de feltro. Tamén fixemos o puzzle que trouxo Ainoa. 
Despois na pelota inchable de Sofía buscamos novos países aos que viaxar.





 Como estamos no inverno e como ben vos contamos viaxaremos aos polos.
Antes de nada comezamos situando os mesmos e coñecendo unha canción. Así como vendo un vídeo informativo que nos axudara a aprender unha morea de cousas. 



INFORMAMONOS:



ESCOITAMOS UN CONTO 


ESCOITAMOS UNHA CANCIÓN:



NOVOS MATERIAIS: O mundo a partires dos contos


 Novos materiais chegaron a nosa aula. 
Como podedes ver nas fotografías Elena trouxo un oso polar e un pingüiño que son dous dos animais sobre os que investigaremos nas nosas viaxes ao polo Norte e ao polo sur.  Elena contounos que o oso polar xa fora da súa mamá cando era pequena. Temos que coidalo moito para que siga en perfecto estado. Mirade que bonitos:








Por outro lado, Ivo trouxo un libro moi interesante do que iremos sacando ideas dos distintos países os que visitar. Ademais ao final do libro trae un pasaporte, polo que decidimos elaborar un parecido e ir completando o noso.





Moitas grazas familias pola vosa implicación