xoves, 31 de maio de 2018

A MAMÁ DE AROA VEN AO NOSO COLE CON MARÍA

 
A mamá e a irmá de Aroa estiveron na nosa clase, contándonos o conto : El monstruo de colores.
Maria e Aroa clasificaron as emocións nos botes correspondentes, xa que o monstro estaba un pouco liado. Despois falamos do que nos facía estar alegres, enfadados, con medo, preocupados ou tranquilos.
Aroa agasallounos con lambetadas correspondentes as súas emocións!
Gustounos moitísimo, moitas grazas por vir e preparar eses contiños tan chulos!
 
 














Ningún comentario:

Publicar un comentario