mércores, 20 de marzo de 2019

FUN AO MERCADO... saída


Hoxe foi un día moi especial e no que rematamos moi cansados. 
Fumos ao mercado a comprar froita, para así conmemorar o Día dos dereitos do Consumidor
A froita a empregaremos o venres para facer un taller de batidos, lemonadas e brochetas de froita.
Aproveitamos o bo tempo para xogar un ratiño no parque. 
































venres, 15 de marzo de 2019

AVISO SAÍDA


O vindeiro mércores día 20, se as condicións meteorolóxicas o permiten, realizaremos unha saída co alumnado de quinto e sexto de educación infantil co fin de conmemorar o Día Mundial dos Dereitos do Consumidor.
Pregamos que o alumnado veña vestido con roupa cómoda e que non traian a merenda. Xa que faremos unha merenda colectiva. Moitas grazas, un saúdo
As titoras de quinto e sexto




AVISO: O mundo a partires dos contos

Ola familias: Os nenos e nenas de sexto de Educación infantil seguimos o noso percorrido polo mundo. Esta vez faremos parada en América, polo que se queredes podedes traer cousas relacionadas con estes países. Centrarémonos especialmente en: Arxentina, Cuba e México.
Tamén vos animamos ás persoas que estén relacionadas con lugares de América a vir a contarnos cousas de alí. Graciñas.
Un saúdo, as titoras


SEMANA DA PRESA 2019

Como é costume, no segundo trimestre conmemoramos a Semana da Prensa.
A nosa escola chegan distintos tipos de periódico sobre os que traballamos.
Buscamos titulares, novas, deportes... Tamén miramos o tempo, comprobando que tamén podemos atopar isto na web.
Comprobamos a prensa dixital.
Tamén fixemos unha das partes mais divertidas do periódico: Os pasatempos.
Mirade canto traballamos:






Os nenos e as nenas buscaron unha imaxe no periódico e escribiron a súa portada libremente:









Con isto rematamos a 4ª edición da A voz da Pastora 



luns, 11 de marzo de 2019

SEGUIMOS VIAXANDO: O mundo a partires dos contos

Hoxe, aproveitamos o material que trouxo Alberto para seguir viaxando.
Alberto contounos que o fixo cunha tabla de madeira que preparou xunto o seu pai. Mirade que bonito:







Sabedes cal é o noso próximo destino?
AMÉRICA!
Viaxaremos por America do Norte e América do Sur








MULLER TRABALLADORA









FESTIVAL DE PIÑATA

QUE DOCES TÍPICOS DE ENTROIDO MAIS RICOS!.
Estaba todo boísimo. 
Merendamos e fixemos unha gran festa para así despedir o Entroido.