xoves, 31 de maio de 2018

TRABALLAMOS COOPERATIVO

 











Hoxe na asamblea os nenos e nenas decidiron falar sobre as súas casiñas, foi por iso que se nos ocurriu a actividade de por equipos construír unha entre todos. Cada neno e cada nena foron facendo os trazos correspondetes ao color co que escribiron o seu nome. 
Non hai nada mellor que traballar todos xuntos e cooperativamente




O PLANETA DOS ANEIS: SATURNO

 
Coñecemos a Saturno, o planeta dos aneis . Son os aneis mais brillantes e relucentes do Sistema Solar.  Os aneis están formados por miles e miles de millóns de pedazos de roca e xeo. 
Saturno ten polo menos 53 satélites é o mais grande chámase Titán.
 
A nave que nos facilitou fotografías do planeta foi a nave Cassini.
 



 
Para pintar a Saturno o fixemos con area, dado o seu color. Para facer os aneis empregamos plastilina. Mirade o resultado:






















A MAMÁ DE AROA VEN AO NOSO COLE CON MARÍA

 
A mamá e a irmá de Aroa estiveron na nosa clase, contándonos o conto : El monstruo de colores.
Maria e Aroa clasificaron as emocións nos botes correspondentes, xa que o monstro estaba un pouco liado. Despois falamos do que nos facía estar alegres, enfadados, con medo, preocupados ou tranquilos.
Aroa agasallounos con lambetadas correspondentes as súas emocións!
Gustounos moitísimo, moitas grazas por vir e preparar eses contiños tan chulos!
 
 














MOCHILA VIAXEIRA

Nacho foi o último en levar a mochila viaxeira. Así que ata o ano que ven rematamos! O seu conto favorito foi o de Paco, como o da gran maioría! Alégrome moito que vos gustara a iniciativa.
 
Ademais o mércores tamén foi o último día que levamos a carpeta, polo que no mes de Xunio os nenos e nenas non a levarán.