xoves, 30 de novembro de 2017

PARABÉNS IVO


O día 30 de Novembro tamén é unha data especial na aula azul, xa que Ivo esta de cumpreanos! Hoxe tivemos festa novamente e disfrutamos un montón!
Ivo convidounos a un rico biscoito e trouxonos un agasallo para cada neno e nena e tamén uns deliciosos bombóns. Nos a cambio fixemoslle oseu libro de debuxos no que elixiu levar na portada a Star Wars.
























Ivo se moi feliz no teu día e que sigas cumprindo moitos mais!

EU SON, EU MIDO E A MIÑA LÚA SABE A....


Antes de comezar a facer unha das actividades do día de hoxe, despedímonos do mes de Novembro, recordamos o refrán do mes como todos os días e miramos o tempo que fixo. 
Deducimos que novembro foi un mes soleado, xa que fixo sol a maioría dos días, pero tamén observamos o pouco que choveu e o importante que é a choiva.
Aproveitamos as regretas de Cuissinaire para así facer como un “diagrama” e vimos que o pico mais alto foi o do sol! Mañá chega un novo mes, a ver que tempo fai!






Por outra banda continuamos co noso proxecto de traballo e para iso respondimos ao seguinte:
EU SON
EU MIDO
A MIÑA LÚA SABE

En primeiro lugar identificamos quen somos, e despois decidimos ir a asamblea a medirnos por equipos, vimos quen chegaba o lobo da cinta métrica, quen ao osiño… Ademais falamos dos centímetros (cm) que medimos.



















Pero para rematar a nosa tarefa, os días anteriores falamos do sabor da lúa. Entón foi o momento de que cada un de nós pensase un sabor. 
Esta vez deixei que os nenos e nenas escribirán libremente  axudando así a descriminir fonéticamente os fonemas das palabras. Tivemos moi bos resultados . Aquí tedes as imaxes














mércores, 29 de novembro de 2017

VISITA DE PEPE CÁCCAMO

Hoxe no cole tivemos unha visita moi especial, veu a visitarnos Pepe Cáccamo.
Recordamos anteriormente quen era, e os nenos e nenas estaba moi ilusionados coa súa visita.
Pepe (que así quería que o chamásemos) ensinounos os seus versos, falounos do seu fillo Antón que se metera nun espello, e tamén fixo unha rima das profes da pastora.













Nós aproveitamos para facer preguntas, nesta ocasión foi Aroa a que lle preguntou: Cómo se fai para escribir un libro?


MOITAS GRAZAS POR VIR!!!