xoves, 3 de maio de 2018

A MAMÁ DE ELENA VEN A CONTAR UN CONTIÑO

O mércores estivo na nosa aula Ana, a mamá de Elena.
Fomos moi afortunados xa que trouxo un teatrillo e as marionetas para contar o conto de “Caperucita Roja”.
  Gustounos un montón.
Ana tamén nos contou un conto sobre as colas dos animais, vendo que cada unha e única e moi importante.
Sabedes que? Elena e Ana deixaron o teatrillo e as marionetas na nosa aula para que nós tamén poidamos interpretar o conto.
Millóns de grazas familia Toba Valiñas.
 
















Ningún comentario:

Publicar un comentario