mércores, 26 de xuño de 2019

DESPEDIDA

Agora tócame a min dicir unhas palabras para poder despedirme de vós.
Quería comezar agradecendo as familias a confianza depositada ao longo destes tres anos. Espero que perdoedes os meus erros, pero grazas, grazas por axudar en cada momento, por motivar a querer seguir aprendendo xunto aos meus nenos.
Así que grazas, grazas a cada un de vós. Grazas: Elena, Andrés, Irene, Nacho, Martín, Aroa, Alberto, Martina, Laura, Sofía, Nada, Ivo, Fátima, Yago e Ainoa. Grazas por que con vós aprendín que hai persoas polas que vale a pena derretirse, que todo é posible incluso o imposible, que o camiño correcto non é sempre o mais fácil. Grazas por cada bico, por cada Profe Silvia te quiero e sobre todo grazas por facer que por moi difíciles que fosen algúns días sempre me decides que non queredes verme triste, grazas por darme todo a cambio de nada e grazas por ser capaces de quitarme todos os días un sorriso.
Cando falo con coñecidos desta profesión, din que pintando e coloreando o día pasa rápido, pero sabedes que? Non teñen nin idea de todo o que xuntos podemos facer e crear, de que dende os dinosauros a Australia hai todo un mundo por percorrer e que incluso chegamos ata Marte.
Quero ser breve, clara e concisa e quero que sempre lembredes isto que vos vou a dicir
-       Buscade sempre o mais vital
-       Que ohana significa familia e familia e estar xuntos
-       Que todos tedes algo que vos fai diferentes
-       Lembrade sempre que por moito que voedes sempre seguiredes xunto a min.
Espero que pasen os anos e que vos teñades a mesma sensación de cando recordo eu a miña mestra de infantil.
QUÉROVOS MOITO.

ATA SEMPRE "MEUS" NENOS. MILLÓNS DE GRAZAS

VELADA NOCTURNA E OLIMPIADAS