mércores, 13 de xuño de 2018

AVISO

O venres os nenos e nenas da clase azul levarán para a casa os materiais facilitados polas familias para o proxecto: A qué sabe a lúa?
Moitas grazas pola vosa implicación



O martes levarán as carpetas cos boletíns trimestrais e cos traballiños de todo o curso.

luns, 11 de xuño de 2018

AVISO

Se queredes podedes traer un PEN DRIVE para ter a curta de SOPA DE NADA.
Ademais o vídeo que se subiu xustamente non ten os nomes da clase azul.
Tamén compartirei con vos o proceso do making off no pen drive.

CURTA SOPA DE NADA

Como xa vos contei, este ano participamos no Plan Proxecta na modalidade Nos tamén creamos.
 
Podedes ver o resultado de tanto traballo no seguinte vídeo.
 Espero que desfrutedes vendo esta curta que fixemos xunto os nenos e nenas.
Tedes que clicar no título e vos remite xa a páxina web da RTVG.
 
 
 

A MAMÁ DE IRENE VEN A CONTAR UN CONTO

A mamá de Irene tamén estivo no noso cole.
Contounos o conto “A qué sabe a lúa?”. Como xa o coñecíamos os nenos e nenas xunto coa profe Dolo axudáronlle a contalo.
 
Irene estaba moi contenta de que a súa mamá nos visitará.
 
Moitas grazas por vir Carmen.
 






A MAMA DE FATIMA ESTIVO NO NOSO COLE

A mamá de Fátima estivo na nosa clase acompañada pola profe Andrea.
Contounos o conto de “La Sirenita”. Trouxo tamén un gran mural de Ariel que aos nenos e nenas gustoulles un montón.
Ademais tamén Fatima repartiu unhas lambetadas a cada neno/a.
 
Moitas grazas por vir familia Rey Nomberto!
 
 
 

 







 

 

 

 

 

 

INTERCENTROS

mestra Silvia, de Audición e Linguaxe,  invitounos a coñecer e falar cuns nenos e nenas de 5 e 6 anos dun cole de Verín. Todos aceptamos encantados porque recordamos que os cigarróns celébranse nesta localidade. Como chegar a Verín levaríanos moito tempo fixemos unha videoconferencia. Presentámonos todos e todas e fixemos as preguntas que quixemos...de que fostes disfrazados no carnaval? Que estades traballando? Sodes bos/boas na clase? Sabedes ler? Aínda que a conexión non era moi boa esa mañá,  gustounos moito e fíxonos moita ilusión coñecer a nenos/as como nos.
Grazas profe Silvia!!!

 
 
   
  

martes, 5 de xuño de 2018

AVISO


A Biblioteca de aula chega ao seu fin. No mes de xuño os nenos e nenas da clase azul non levarán a carpeta para a casa.
Despedímonos así desta actividade ata o ano que ven. Esperamos que desfrutarades dos libros cos vosos fillos/as.


GRÁFICAS METEREOLÓXICAS


Todos os meses traballamos coas regretas para facer gráficas e calcular os días que o tempo estivo nubrado, que choveu oU que fixo sol. Ademais nesta ocasión complicamos a actividade facendo sumas con este material.





VIDEOCONFERENCIA EN LINGUAXE DE SIGNOS


O noso cole fixo unha vídeo chamada cun cole de Verín.
Nesta ocasión falamos cos nenos e nenas en linguaxe de signos, xa que son xordos.
Nos aprendemos a facer o noso signo coa axuda da profe Silvia (AL)
Coa axuda dunha interprete falamos do que nos gustaba, de como era o noso cole, dos nosos irmáns…
Foi unha gran experiencia!








REFRANEIRO: MES DE XUÑO

Outro vagón e outro novo mes: O MES DE XUÑO
O mes de xuño é o último mes de cole, e por iso que contamos os días que faltan para rematar o curso.

Como todos os meses, aprendemos e escribimos un novo refrán:
NO SAN XOAN A SARDIÑA MOLLA O PAN