mércores, 2 de maio de 2018

INAGURACIÓN DA BIBLIOTECA E STOP MOTION

O pasado venres 27 de abril foi un día cheo de emocións.
Por un lado presentamos a nosa curta “Sopa de Nada”, que  como vos contamos en anteriores entradas no blogue participamos no Plan Proxecta na modalidade Nos tamén creamos. Cando a publiquen na páxina web da RTVG deixareivos o link para que poidades ver o resultado final.
Aqui tedes os nenos e nenas da aula azul no estudo de gravación.


















Ademais de ver o Stop Motion inauguramos a Biblioteca do noso centro, que tamén tras moito traballo está case lista. Nesta ocasión visitounos Cándido Pazo e contounos a historia dun nariz….que se escapaba do seu dono… Por que será?
Aquí tedes as fotiños do gran día:







Ningún comentario:

Publicar un comentario