mércores, 31 de xaneiro de 2018

AVISOS ENTROIDO

ESTIMADAS FAMILIAS
O VINDEIRO 9 DE FEBREIRO TEREMOS O FESTIVAL- DESFILE DE ENTROIDO .

NECESITAMOS QUE OS NENOS E NENAS VEÑAN VESTIDOS CUNHA MALLA (LEGUIN, PANTALÓN ELÁSTICO) DE COR NEGRA E CUN XERSEI ( POLO, CAMISETA) DA MESMA COR.




Como a actuación vai a ser no exterior virán abrigados por debaixo tipo “ cebola”.

Se tedes algún problema ou dúbida , poñédevos en contacto coas titoras dos vosos fillos.

AVISOS: O MANDADIÑO

O MANDADIÑO




O LUNS CINCO QUE NON CHE DEA PEREZA,
TRAER ADORNOS NA CABEZA
(Luns 5 de febreiro)

          

O MARTES SEIS O PESCOZO
ADORNARÁS CON GUSTO E GOZO

(Martes 6 de febreiro)






O XOVES QUE VEN
PON NO CORPO FARRAPOS PARA PASALO BEN
(Xoves 8 de febreiro)




*O MÉRCORES 7 NON VIREMOS CON NADA XA QUE TEREMOS UNHA SAÍDA TODO O CENTRO Ó TEATRO A PONTEVEDRA.


PICTOGRAMAS EXTRAÍDOS ARASAAC

CURIOSIDADES SOBRE A LÚA

Nesta ocasión estivemos a lembrar curiosidades sobre a lúa.
Mirade cantas cousas aprendimos:

















martes, 30 de xaneiro de 2018

DÍA DA PAZ

Tras varios días traballando e falando sobre a paz, hoxe, 30 de Xaneiro, foi a data da súa conmemoración.

Pedimos a vosa coolaboración para realizar unha exposición con verbas bonitas para este día.












Nós tamén quixemos escribir a nosa verba da paz.




 Todos e todas escribimos a nosa palabra nun papeliño 



Despois saímos ao patio e a metimos na CAIXA DAS VERBAS DA PAZ. 


Visualizamos as palabras que fixeron os nenos e nenas das outras clases coa súa familia.


















 A continuación e cos nenos e nenas da clase ROSA, metimos as verbas na caixa, esperando que esas palabras se convertan en feitos.
















TODOS XUNTOS DISFRUTAMOS DUN GRAN DÍA!




TODOS SOMOS CAPITÁNS!