martes, 23 de maio de 2017

REALIDADE AUMENTADA

Hoxe vivimos unha experiencia nova a partir da Realidade Aumentada, introducindo así outros aspectos de robótica na nosa aula, para iso coñecimos a APP Quiver, co fin de que o noso debuxo do dinosauro tomase vida… Este foi o sorprendente resultado:













SEGUIMOS INVESTIGANDO…. QUÉ SON OS FOSILES?

Traballando sobre os dinos descubrimos os fósiles. Polo que é o momento de coñecer que son e como se forman.

Ademais coñecimos a palabra PALEONTOLOGO e como estes viaxan aredor do mundo para así buscar os fósiles e analizalos no laboratorio


CELEBRACIÓN CUMPLE ANGEL

Angel cumple catro anos! Que maior! Hoxe temos outra celebración….e por cambiar un pouco, decidimos ir a biblioteca do cole a celebralo.
Que rica estaba a tarta e as lambetadas! Como nos puxemos!

Parabéns Angel, que sexas moi feliz!













A MAMÁ DE AINOA VEN CON MARIÑA

Que ben! A mamá de Ainoa veu o noso cole a contarnos uns contiños, un de Mickey do que nos trouxo os personaxes, tamén o do Monstruo de cores.

O que mais nos gustou de todo nesta ocasión  foi ter a irmá de Ainoa na nosa aula. Volvede cando queirades e moitas grazas por vir!








YAGO ESTÁ DE CUMPLEANOS

Hoxe Yago cumple catro anos, que alegría! Temos outra celebración na que comer tarta e cantar e bailar.
Canto nos gustan os cumpleanos! E que rica estaba a tarta e as lambetadaas

Moitas felicidades Yago, que cumplas moitos mais!













TRABALLAMOS A CARLES CASARES

Seguimos aprendendo sobre a conmemoración do día das Letras Galegas. Coñecimos algunha das obras de Carlos Casares, como por exemplo:

As laranxas mais laranxas de todas as laranxas



Pintamos a nosa bomba da felicidade, facendo alusión a Galiña Azul
















Creamos a nosa propia Galiña


Lolo anda en bicicleta
Coñecimos a súa primeira obra: “Vento Ferido”
E deixamos claro que a nosa lingua é o galego pegada no símbolo do grupo de música os Rolling Stones