luns, 30 de outubro de 2017

EXCURSIÓN BIBLIOTECA + TORRADO



O venres foi un día moi emocionante. Puxemos os nosos carnets das excursión, fixemos parellas e comezamos a camiñar para chegar o primeiro destino 


Tras camiñar chegamos a BIBLIOTECA MUNICIPAL DE CAMBADOS que recibe por nome Luis Rei. Un lugar que moitos e moitas descoñecían e que a outros nenos e nenas que sí.
Inma recibiunos e contounos que este fantastico lugar antes de ser biblioteca foi unha casa.



Na Biblioteca vimos as súas grandes cristaleiras, así como un montón de libros. Descubrimos que había xente estudando e outra lendo a prensa.



 Despois visitamos as salas dos nenos e nenas. Unha de tres a seis anos, e a outra de cero a tres. Vimos os contos que había: en castelán e galego; e tamén como temos que facer para collelos e colocalos






 Coñecimos as partes dun libro e como coidalos
 



Facía moi bo día, saímos o xardín da Biblioteca, é un lugar moi agradable no que pasar un bo rato


Ademais o Refuxio de Cambados habilitou un lugar para que poidan ir a comer os gatiños que viven na rúa. Vimos un gato negro que escapou asustado ao ver tantos nenos e nenas.



Encantounos a Biblioteca, temos que facernos socios e poder voltar! 
A continuación seguimos a nosa ruta e dirixímonos a Sala de Exposicións do Parque Torrado.  

Merendamos e xogamos. Despois comezamos a nosa visita a exposición de Fausto Isorna e Pepe Cáccamo.
 


Jose recibiunos e contounos o que íbamos a ver durante a nosa estancia 
 


Visualizamos os collages de Fausto Isorna, as súas combinacións de colores e como un botón era o ollo dun galo





 Tamén as obras de Pepe Cáccamo.










 Aquí estamos escollendo a nosa casiña onde nos gustaría vivir
 













A visita chegou ao seu fin e voltamos para a nosa escola. Subir non foi tan doado como baixar, aínda así foi un GRAN DÍA!

xoves, 26 de outubro de 2017

PEPE CÁCCAMO

Como mañá imos de excursión a Sala de Exposicións de Torrado, hoxe seguimos coñecendo quen é Pepe Cáccamo.

Descubrimos que naceu en Vigo, que estudou en Santiago de Compostela e que escribiu libros que xa coñecíamos como: O dinosauro belisauro, os poemas da obra Sopa de Estrelas ou o Ganapán das palabras.

Esperamos ansiosos o día de mañá!

RECORDADE: Roupa e calzado cómodo. Bocadillo (non froita) e botella de auga.