xoves, 28 de febreiro de 2019

PRABÉNS AINOA


Hoxe, 28 de febreiro estivemos de celebración:
AINOA XA TEN 6 ANOS.
Fixemos unha festa, sopramos as velas e trasmitímoslle os nosos mellores desexos.
Esperamos que sexas moi moi feliz Ainoa.










Grazas por esas ricas lambetadas!

O MANDADIÑO

Aquí tedes os resultados finais do Mandadiño:
Moitos dos nenos e nenas non o fixeron acumulativo, pero veñen igual guapísimos e guapísimas :)

Laura trouxo os seus zapatos de sevillana. Os outros días tamén estaba moi guapa.


Aroa trouxo os ponpóns e unhas orelliñas.



Irene estaba disfrazada de bailarina


Martina nos seus pes traía abalorios 


Alberto durante a semana trouxo un gran gorro e unha paxarita


Martín de samurai


Ivo trouxo para vir de Karateka


Sofía de unicornio 


Nacho trouxo cascabeis nos seus pés. Ademais o día anterior era un fermoso guepardo. 


Nada unha fada


Elena viña toda combinada. Mirade que guapa 


Yago era un auténtico Spiderman 


Mirade a Bella:


Ainoa chegou acompañada de Mariña. Ela está disfrazada de Bufón. Ademais hoxe está de aniversario. 






RECORDADE QUE O DÍA 7 OS NENOS PODEN VIR DISFRAZADOS LIBREMENTE 


EMOCIONOMETRO

Clasificamos as emocións que nos trasmiten os contos.
Recordade que estamos a traballar no programa de Educación Responsable.
Mirade: 




NOTA INFORMATIVA


Recordade, mañá temos o Festival de Entroido ás 12:30.Sería importante que os nenos e nenas viñeran como vos indiquei:AROA, MARTINA, NACHO, ANDRÉS E SOFIA: Camiseta banca e medias brancas, no caso dos nenos pantalóns. Se pode ser que as nenas veñan cunha coleta alta.No caso de ALBERTO, MARTÍN, FÁTIMA, YAGO E AINOA: de negro, igual que no caso anterior. Poden vir peiteadas como queiran.ELENA, IRENE, IVO, NADA, LAURA: Tamén de negro. Se pode ser que veñan peiteadas cun moño alto.
Grazas de novo, espero que desfrutedes coa actuación.

xoves, 21 de febreiro de 2019

AVISOS

Como estamos a piques de rematar as nosas investigacións sobre o polo Norte, para a próxima semana enviarei os materiais facilitados, así como compartirei os traballiños feitos polos nenos:
- Que son os osquimais? E os Inuits?
-Como son? Onde viven?
-Como se alimentan?
-Como son as súas casas?
-Como se saúdan?

Aprendimos un millón de cousas, espero que vos esteñan poñendo ao día.

TRABALLAMOS COA ROBÓTICA

Elena foi moi xenerosa e trouxo o seu robot, aprendimos a base de desafíos.
Moitas grazas!












PRESENTACIÓN LIBRO RAMÓN CABANILLAS


Somos uns afortunados, viñeron á biblioteca do noso cole a presentar o libro infantil de Ramón Cabanillas. 





AQUÍ PODEDES VER A NOTICIA NA PRENSA

https://www.diariodearousa.com/articulo/o-salnes/cultura-edita-primer-libro-acerca-vida-cabanillas-ninos-educacion-infantil/20190208225320233038.html

AVISOS ENTROIDO


Calquera dúbida comentádeme :) 





venres, 8 de febreiro de 2019

EXCURSIÓN AO TEATRO

 
 
  O pasado mércores día 6, os nenos e nenas da escola fomos en autobús a Pontevedra.
Alí vimos unha obra de teatro titulada “Burbujas de papel”.
Gustounos moito, pero tamén o pasamos moi ben no traxecto, aínda q algún de nós á volta quedou durmidiño.