luns, 26 de setembro de 2016

XA ESTAMOS ADAPTADOS!

O periodo de adaptación xa rematou! E nós tamén xa estamos instalados na nosa AULA AZUL xa preparada.

Asemade a nosa mascota, A PITIÑA CARLOTA, comezou a mostrarnos os ovos que lle foron dando os distintos animais e que nos ensinan os días da semana. 

Tamén cada día temos un encargado que é o responsable de realizar moitas das tarefas das nosas rutinas.






Durante a asamblea falamos dun montón de cousas, de como nos sentimos, do que imos facer ao longo do día... e tamén despedimos o verán xa que agora chegou o OUTONO e a caída das follas, así como a choiva e un pouquiño de frio!


Como ben dixemos antes, xa imos adquirindo as nosas rutinas, e algo que facemos todos os días e ver os nen@s que están no cole e os que se quedaron na casiña. Esta é unha das tarefas do encargado.

Xogamos tamén nos distintos rincóns






E pouco a pouco imos aprendendo e facendo traballiños pequeniños coa axuda do POLO PEPE que dentro de pouco iremos compartindo. :)






















xoves, 15 de setembro de 2016

IMOS AO COLE DE MAIORES!





PERIODO DE ADAPTACIÓN

Enténdese por periodo de adaptación, o camino ou proceso mediante o cal o nen@ vai elaborando, dende o punto de vista dos sentimentos, a pérdida e a ganancia que lle supón a separación, para así chegar a unha aceptación interna da mesma.



É por iso que a CLASE AZUL será un lugar no que os nen@s se sintan os verdadeiros protagonistas das suas aprendizaxes. E non hai mellor xeito de facelo que sendo el@s quen a “constrúan” e coñezan cada un dos seus rincóns e espazos. Participando na decoración da mesma e poñendo as súas fotografías.






Ademais coñecimos a nosa mascota de aula, chamada PITIÑA CARLOTA. 

CARLOTA, cada día vai atopando un ovo, o que nos permitirá ir descubrindo aqueles animais que nacen dos mesmos, e así aprender os días da semana. Foi a pitiña a que nos presentou ao seu amigo o POLO PEPE, o cal estamos pintando e aprendendo a súa divertida canción.



Ademais durante todo este tempo estivemos facendo distintas actividades, recoñecendo os rincóns da nosa aula e as distintas zonas de xogo. 










Pouco a pouco imos desfrutando dos nosos traballos e aprendendo pequenas cousas que irán determinando o funcionamento da nosa aula. Ademais xa imos o cole de maiores e dentro duns días estaremos máis que adaptados!