martes, 25 de setembro de 2018

SAÍDA DE OUTONO


Na nosa clase recibimos unha carta que dicía o seguinte:

OLA NENOS E NENAS DA AULA AZUL.
O MEU NOME É FADA DE OUTONO. SABEDES ONDE NACÍN?  NO TRONCO DUN NODROÑO.
NECESITO DA VOSA AXUDA! QUERO QUE SUBADES AO MONTE DA PASTORA, AÍ TEDES ALGO QUE VOS ESTÁ ESPERANDO.
SHHHH É UN SEGREDO.
UNHA APERTA MOI FORTE

Tras o interese que despertou a fada acudimos cos nenos e nenas da clase rosa a merendar ao monte da Pastora. 









Que ricas estaban as merendas:






Un papel misterioso apareceu


A fada deixounos outra carta!


Xogamos e buscamos as cousas que nos pedía






E para rematar o día quixemos sacar un montón de fotos!!!






























QUE BEN O PASAMOS!!!



POEMA DE OUTONO

Coa chegada do outono estamos a traballar distintos aspectos. Entre todos fixemos un debuxo coolaborativo no que aportamos ideas sobre a estación. Tamén escribimos os froitos típicos, contamos sílabas… traballamos a vendima e  memorizamos o seguinte poema:


















        






CON FOLLAS DOURADAS
DE COR AMARELA
ESTABA EN OUTONO
A TRISTE ARBORIÑA
A CHUVIA CAÍA
O VENTO SOPROU
E A POBRE ARBORIÑA
SEN FOLLAS QUEDOU