mércores, 28 de febreiro de 2018

ROSALIA

O pasado sábado 24 de febrerio foi o día de Rosalía.
Nós esta semana estamos a aprender un dos seus poemas máis coñecidos: 

ADEUS RIOS
ADEUS FONTES 
ADEUS REGATOS PEQUENOS
ADEUS VISTA DOS MEUS OLLOS
NON SEI CANDO NOS VEREMOS

Irémosvos ensinando todo o que traballamos.



martes, 27 de febreiro de 2018

ALBERTO É ENCARGADO DE COMPOSTEIRO

 
Se hai algo que nos gusta especialmente é ir ao composteiro.
Nesta ocasión Alberto foi o encargado. Tivemos un día moi soleado.
 
 





MOCHILA VIAXEIRA

Ivo foi o encargado de levar a mochila viaxeir. Nesta ocasión o conto que máis lle gustou a Ivo foi o de "Se eu fose un gato".
Nós tamén temos claro que se fosemos un gato seguiríamos sempre sendo amigos.
 
 



 
Qué importante é a lectura!

luns, 26 de febreiro de 2018

AVISOS

Estimadas familias:

Detectáronse piollos no centro. Por favor, revisade os vosos fillos/as e tomade as medidas oportunas.
Un saúdo



ESCRIBIMOS PALABRAS QUE EMPEZAN POLA LETRA E


Hoxe estivemos a traballar novamente coas vogais. Nesta ocasión escribimos palabras que empezan pola letra E. Mirade cantas:















venres, 23 de febreiro de 2018

CANTAS COUSAS APRENDIMOS DO ENTROIDO!


NO NOSO COLE TIVEMOS A EXPOSICIÓN CON IMAXES CARACTERÍSTICAS DOS SITIOS DE ENTROIDO GALEGOS.
ASÍ COÑECIMOS : MANZANEDA, XINZO, LAZA, COBRES,VIANA DO BOLO, ULLA, VERÍN...







Traballamos con imaxes, unimos , contamos sílabas, fixemos unha sopa de letras... e descubrimos o TRIÁNGULO MÁXICO DE GALICIA







Ademais descubrimos os vídeos dos poemas traballados a partir dos códigos QR. Mirade os vídeos:








luns, 19 de febreiro de 2018

FESTIVAL DE PIÑATA

O VENRES TIVEMOS UNHA GRAN FESTA!
DÍA DE PIÑATA PARA DESPEDIR O ENTROIDO






COMO EN TODA FESTA COMIMOS E BAILAMOS.
QUE RICOS ESTABAN OS POSTRES TÍPICOS