venres, 27 de abril de 2018

AVISOS

O DÍA LECTIVO PARA O NOSO CENTRO SERÁ 0 18 DE MAIO.
O LUNS 30 DE ABRIL TEMOS COLE.

AVISOS

BENQUERIDAS FAMILIAS:
O DÍA 30 DE ABRIL CELEBRAREMOS O MAIO.
PARA ELO, SOLICITAMOS A COLABORACIÓN DAS FAMILIAS PARA APORTARNOS OS MATERIAIS NECESARIOS PARA ELABORALO TALES COMO: FIUNCHO, XESTAS, PAMPULLOS (MARGARIDAS SILVESTRES), FLORES, LARANXAS, LIMÓNS, BUGALLOS, OVOS BALEIROS, ASÍ COMO CALQUERA TIPO DE MATERIAL VEXETAL QUE VÓS CONSIDEREDES.
UN SAÚDO CORDIAL

 

martes, 24 de abril de 2018

CECILIA VEN A NOSA CLASE

Hoxe Cecilia (a mamá de Ivo) estivo na aula azul.
Contounos o do:
GRUFALO e así falamos dos nosos medos. 
PEQUENO GUISANTE, sobre o que nos contou como se di esta palabra en distintos idiomas, e como podemos desfrutar das cousas mais proximas.
Tamén nos deixou un conto de ANIMAIS MIGRATORIOS que nos gustou moito. 










DÍA DO LIBRO: 23 DE ABRIL

Na nosa aula se hai algo que nos gusta son os contos. 
Por iso que mellor día que hoxe que celebrar o Día do Libro. Para iso falamos do importante que son, xa que nos permiten descubrir lugares aos que non viaxamos, imaxinar situacións que non vivimos, coñecer a persoas descoñecidas e moitas cousas mais.
Así pois, e xunto os nenos e nenas da clase rosa fixemos un mural no que o lema é: VOANDO LIBRES, VOANDO COS LIBROS, é por iso que o simbolizamos cunhas fermosas bolboretas.
      QUE VOS PARECE? 

























LEMBRADE, como decia BORGES: “Uno llega a ser grande no por lo que escribe, si no por lo que lee








O MEU SIGNO É

Coa axuda da profe de Audición e Linguaxe estamos a aprender linguaxe de signos, para así poder comunicarnos con nen nenas doutros coles. Eleximos os signos en relación as cousas que nos gustan e son os seguintes

MARTIN: Mi signo es cuento 


IRENE: Mi signo es hippy


YAGO: Mi signo es pelo largo


AROA: Mi signo es lazo


AINOA: Mi signo es arcoiris


IVO: Mi signo es guepardo


SOFIA: Mi signo es sirena



MARTINA: Mi signo es perro


NACHO: Mi signo es chico fuerte


ELENA: Mi signo es tutú


FATIMA: Mi signo es vestido


NADA: Mi signo es princesa




MERCURIO

Estes días na aula azul estivemos investigando sobre MERCURIO.
Para iso empregamos os distintos materiais  e libros facilitados polas familias. Así pois descubrimos que mercurio é o planeta mais pequeno, que aínda que está próximo ao sol non é o mais quente, que non hai vida e que é un planeta rochoso.
Para imitar as súas características fixemos unha mestura con area con cola e pintura. Logramos o seu color empregando: branco, negro, gris e marrón.
Mirade que resultado mais chulo:


















Despois con plastilina escribimos as letras de MERCURIO