xoves, 30 de maio de 2019

A MAMÁ DE ELENA VER A CONTAR UN CONTO

A mamá de Elena estivo na nosa clase contando dous contos:
Un super divertido das cores que se misturaban, xiraban.... no que os nenos e nenas participaban. Ademais compartiu con nós palomitas de cores. 
Despois aproveitou para que se relaxaran cun conto de música clásica. Ao tocar un botón sonaba a música das catro estacións de Vivaldi. 






















Millóns de grazas por vir Ana. Cando queiras esperámoste!




A MAMÁ DE ALBERTO VEN A CONTAR UN CONTIÑO

Esta semana a temos todas ocupadas coas visitas das familias.
Nesta ocasión foi a mamá de Alberto a que nos acompañou. 
Aproveitou para contar un conto un conto da horta de Simón, para falar así da importancia de compartir.
Tere compartiu con nós uns paraugas de chocolate.













Moitas grazas por vir Tere :)



O PAPÁ DE YAGO VEN A CONTARNOS UN CONTIÑO

O venres pasado estivo na nosa aula o papá de Yago.
Aproveitou para vir e contarnos o conto da Toupiña.
Como a profe Silvia estaba lesionada, estivo cos nenos e coas nenas a Teacher.
Polo que me contaron gustoulles un montón. 







Moitísimas grazas por vir, xa sabes volve cando queiras :)

martes, 28 de maio de 2019

TALLER DE CESTERÍA

Onte tivemos a sorte de poder facer no cole un taller de cestería en coolaboración con Mónica, do Centro Saiar.
Os nenos e nenas levarán o cestiño o dia da graduación.
Tamén queremos agradecer especialmente a axuda dos papás e mamás e avoa participantes, xa que sin eles non sería posible.