xoves, 29 de novembro de 2018

EXPOSICIÓN XOGOS POPULARES

Na EEI da Pastora decidimos levar a cabo unha programación mensual de talleres. O mes pasado foi o terrorífico taller de samaín. Mañá teremos un relacionado cos XOGOS POPULARES, onde os nenos e nenas das distitnas clases irán rotando por distintas aulas probando distintos xogos.





MATERIAIS: O mundo a partires dos contos : MARTÍN, ELENA E SOFÍA


Comezan a chegar os primeiros materiais sobre Os Continentes. Nesta ocasión Martín, Sofia e Elena trouxeron distintas cousiñas que nos axudarán nas nosas investigacións. Ademais aproveitaremos os mesmos para facer distintas actividades relacionadas coa lecto escritura, loxica matemática...lectura de contos. 

Martin trouxo unha plantilla na que quixo escribir el solo os distintos continentes e debuxalos. Estaba moi ilusionado.


Sofía e a súa mamá traballaron un montón. Fixeron en escala os distintos continentes, escribiron o seu nome e pegaron os animais típicos de cada lugar. Ademais os animais é un aspecto sobre o que os nenos e nenas formularon preguntas para darlle resposta durante o proxecto. 










Elena e a súa mamá tamén trouxeron un montón de cousñas para traballar. Ademais fixeron un xogo moi chulo co que iremos descubrindo as bandeiras dos distintos paises aos que viaxaremos.
Facilitounos tamén moitos contos como os que podedes ver na fotografía. Canto traballo e que ilusión nos fai contarlle aos nosos compañeiros e compañeiras sobre as cousas que traemos. 




MILLÓNS DE GRAZAS FAMILIAS!!!






ANIVERSARIO ELENA


Elena cumpriu 5 anos.
Fixemos unha festa na que colocamos os pratos, servilletas, vasos e culleres. Ademais comemos un rico biscoito.
Elena fixo a súa coroa e agasallounos cuns ricos bombóns.
Como non tivemos tempo, hoxe lle faremos unha postal coas firmas dos nenos e das nenas da aula azul.
Moi feliz cumpre. 
Que sexas moi feliz. 





















luns, 26 de novembro de 2018

NON A VIOLENCIA DE XÉNERO

Na nosa aula decimon NON A VIOLENCIA DE XÉNERO.
Estivemos a reflexionar contando distintos contos e puxemos as nosas mans.






















SORTEO PARA ESCRIBIR A CARTA

Para escribir a nosa carta decidimos facer un sorteo.
Falamos de que é un sorteo e os nenos e as nenas o describiron como "algo que nos da un premio".
Pensamos e falamos, entón decidimos facer un para ver a quen nos tocaba escribirlle a carta.
Para iso cada un dos nenos e nenas e tamén a profe Silvia, escribiron o seu nome nun papel e o gardaron nunha caixa de cartón. 
Cada un de nós foi collendo un papel e aí se atopaba o nome da persoa a que lle tiñamos que escribir a nosa carta.
Nada mais facer o sorteo, púxemonos mans a obra!