xoves, 31 de maio de 2018

COÑECEMOS A XUPITER

 
Seguimos a traballar sobre os planetas e nesta ocasión  descubrimos a XUPITER. É  o planeta favorito de moitos, xa que é o máis grande.
Descubrimos que é un planeta tan grande que todos os demais planetas collerían dentro.  Tamén falamos de que en Xupiter hai unha enorme tormenta que se chama A Gran Mancha Vermella .
Sabemos que a Terra ten un satélite, que Marte ten dous….pero Xúpiter ten polo menos 63!. Foi a nave Galileo a que nos enviou fotografías deste gran planeta.
 
Para píntalo empregamos ceras brandas, despois difuminamos con un papel. Mirade que resultado mais chulo:
 
 




Ningún comentario:

Publicar un comentario