xoves, 24 de maio de 2018

INVESTIGAMOS SOBRE MARTE

Seguimos a traballar sobre os planetas. Nesta ocasión coñecemos a Marte.
Marte é o planeta mais parecido a Terra. É o cuarto planeta que orbita ao redor do sol, e se viaxásemos nunha nave espacial tardaríamos oito meses en chegar.
Marte ten dous satélites moi pequenos, chamados: Fobos e Deimos.
Ademais varias naves viaxaron ata Marte cargadas con equipos para explorar o planeta. Os robots que obtiveron información de Marte foron: Spirit e Opportunity.

Picamos:





Empregamos papel charol de cor vermella e fixemos os seus volcáns con pintura marrón e purpurina vermella. Falamos dos seus volcáns e coñecimos que en Marte atópase o volcán máis grande do Sistema Solar. 
O color vermello de Marte é porque as rochas da súa superficie conteñen moito ferro. O ferro é un metal que se volve vermello cando se oxida. 








Ningún comentario:

Publicar un comentario