martes, 21 de novembro de 2017

+ RECOLLIDA DE INFORMACIÓN

Qué contentos e motvados estamos aprendendo cousiñas do Universo... A verdade é que temos un montón de material que nos gusta compartir cos nosos/as compañeiros/as.
Hoxe:
AINOA, AROA E IVO trouxeron uns libros con moita información interesante.




Estivemos a traballar co libro que trouxo Ainoa. Nel puidemos seguir coñecendo os planetas e recrear o despegue da nave espacial: 9,8,7,6,5,4,3,2,1.....................0!! Coñecímos tamén como son as naves e a súa base.

Temos diversas opinións sobre os planetas que máis nos gustan.... pero chámanos moito a atencón o Planeta Vermello: Marte!!



Hoxe non nos deu tempo a ver mais contiños, aínda así fixemos o puzzle que trouxo Ivo. Vimos tamén que nalgúns sitios cando aquí de de día, alí é de noite.... Por qué será?





Estamos a aprender unha morea de cousa!!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario