xoves, 23 de novembro de 2017

FACEMOS UNHA MAQUETA



Hoxe recordamos a nosa visita a sala de exposicións de Torrado na que vimos as obras de Pepe Cáccamo e Fausto Isorna.
O vindeiro 29 de novembro imos ter no noso cole unha visita moi especial, vai vir Pepe Cáccamo a coñecernos. Foi por iso que entre todos e en mostra de agradecemento os nenos e nenas de catro anos da clase rosa e da clase azul decidimos facer unha maqueta.
Mirade o comezo…  Traballamos todos e todas na mesma mesa e pintamos con deterxente cola e pintura!
Despois xuntámonos cos outros nenos e nenas da clase rosa para ver o resultado!

Mañá seguiremos traballando!























Ningún comentario:

Publicar un comentario