mércores, 15 de novembro de 2017

DEREITOS DA INFANCIA

MAÑÁ XOVES 16 ENVIAREIVOS A SEGUINTE NOTA:

ESTIMADAS FAMILIAS
O vindeiro Luns 20 de Novembro conmemórase a celebración da Declaración Universal dos Dereitos dos Nenos/as. Foi declarada o 20 de Novembro do 1959, é por iso que dende a nosa aula gustaríame contar coa vosa colaboración, para así entre todos e todas facer un gran libro no que deixaramos constancia dos mesmos.
A infancia é unha etapa coas súas necesidades, intereses e características propias, e debemos de ser os docentes e as familias quen de valorara.
A tarefa é moi sinxela, cada un/unha de vos leva un folio cun dereito escrito. O que tedes que facer é completalo, ou ben cun debuxo, con imaxes, con fotografías…. Como queirades! O importante é facelo e que xuntos elaboremos un proxecto común! Se pode ser traer o traballo para o luns 20.
Moitas grazas pola vosa colaboración!





Ningún comentario:

Publicar un comentario