mércores, 15 de novembro de 2017

RECOLLIDA DE INFORMACIÓN


Últimamente chegan un montón de cousas a nosa aula

O noso RINCON DOS DESCUBRIMENTOS medra a pasas axigantados e é grazas a vosa participación. Aquí tedes todos os novos materiais.


Sofía trouxo unha lúa moi chula na que atopamos marcianos e tamén podemos observar as fases da lúa! Encantounos! Trouxo unha mantiña para que así cheguemos a lúa a cal puxemos na nosa mesa das exposicións. Moitas grazas :)






 Martín tamén nos ensinou o conto do Universo, a verdade e que trae moitos dos contidos sobre os que imos a traballar: estacións, lúa, estrelas... Ademais trae un quebracabezas e un montón de pegatinas! Moitas grazas a ti tamén :)




Por último Elena trouxo un monton de cousas: Un conto con forma de lúa e outro para ir a durmir que parece unha almofada. Outro conto ten un montón de información e ela encargouse de ensinalo. O que mais nos gustou de todo foi o Cohete espacial no que estaba Peppa Pig, estamos moi interesados en coñecer o seu funcionamento. Tamén comenzaron a xurdir dúbidas coa maqueta que nos trouxo, e na que vimos a lúa a terra e o sol.... Quen xirará sobre quen? 
Millóns de grazas Elena









Cantas cousiñas imos a aprender! 
Qué ganas de que nos sigades facilitando información ! Moitas grazas 









Ningún comentario:

Publicar un comentario