xoves, 16 de novembro de 2017

RECOLLIDA DE INFORMACIÓN



Seguiron chegando cousiñas para poñer no rincón dos Descubrimentos.

Nesta ocasión Alberto explicounos o que fixo coa súa mamá e coa súa irmá sobre os planetas. Contounos como xiraban, en cal vivíamos nós e tamén nos dixo que esa bola vermella era o sol. Qué chulo!!






Elena tamén trouxo unha maqueta cos planetas. Díxonos que a fixera con mamá e que pintara con temperas os planetas, e que o sol levaba sal. 
A súa maqueta pon os nomes, o que nos serviu para ilos aprendendo, así como contar cantos hai, situar en cal estamos nós... Gustounos moito!





Millóns de grazas familias!! O noso rincón cobra vida na nosa aula coa vosa búsqueda de información e con cousas chulísimas!





Ningún comentario:

Publicar un comentario