martes, 30 de abril de 2019

MAIO!

Hoxe na nosa escola preparamos o Maio.
Canto traballo! 
Cosimos colares de margaridas, de ovos, de palomitas...
Non paramos en toda a mañá
Esperemos que vos guste o traballo realizado polos nenos e nenas da escola. 





























NO NOSO COLEXIO 
FACEMOS UN MAIO
POÑENDO AS FLORES
CON MOITO COIDADO

OS NENOS E NENAS
PASÁMOLO BEN
CANTANDO E RINDO
E OS PROFES TAMÉN

QUE BEN NOS QUEDOU!
FERMOSO E FLORIDO
O ANO QUE VÉN
SERÁ MAIS BONITO

PASEÁMOLO MAIO
POLO NOSO PATIO
MERECEU A PENA
TANTO TRABALLO



Ningún comentario:

Publicar un comentario