venres, 26 de abril de 2019

ATA LOGO AMÉRICA!

Hoxe rematamos coa nosa viaxe A América.

Tras despedirnos de México e de América do Norte viaxamos a Arxentina e a Cuba.
Situamos Arxentina no mapa, e fixemos unha visita virtual a cidade de Buenos Aires, descubrimos as súas costumes e falamos da súa modea, así como dos seus monumentos. 



Visualizamos o vídeo:


Tamén vimos as súas cataratas de Iguazú. Son impresionantes:


Ademais bailamos o seu baile típico: O tango


Unha vez visto Arxentina era o momento de viaxar a unha isla.
Como podemos chegar a unha isla?
Que é unha isla? 
Nesta ocasión coñecimos a isla de Cuba


Para iso o punto de partida foron as seguintes cancións:




Ademais, como o bisavó da profe Silvia estivo en Cuba, aproveitamos para falar da inmigración reflexionando sobre a importancia deste feiro. 
Aproveitamos que Elena e Ainoa prestaronnos os billetes e os pesos cubanos. Por iso achegámonos aos conceptos de maior que, menor que e igual, facendo comparacións entre un billete de tres pesos e as moedas
Ademais falamos de que Cuba é un país que ten unha moeda distinta para os seus turistas. 


 




Tamén vimos fotos de Cuba, coñecimos:
A praza da Revolución
O traxe típico cubano
O callejon de Hamlen e a importancia de reciclar. Vimos como con materiais de refugallo podemos facer grandes obras artísticas.
Falamos da súa comida típica: La ropa vieja, los frijoles y las papas arrugadas.
Vimos os seus coches típicos, as súas casas de cores e as súas casas derruídas.
Tamén coñecimos Viñales e as súas plantacións.
O que mais nos gustou foi o seu mar Caribe, e o paseo do Malecón, onde os cubanos e cubanas aproveitan para conversar, bailar e pasar un bo rato.


Vimos tamén con Alberto outros  dos billetes do continente Américano: México e Estados Unidos. 


Chegou o final da nosa viaxe a América:






Ningún comentario:

Publicar un comentario