venres, 12 de abril de 2019

BOAS VACACIÓNS: Fin do segundo trimestre

Remata outro trimestre.
Nesta ocasión gardamos os nosos traballos:
-          Nadal
-          Rosalía de Castro
-          Muller traballadora
-          Semana da prensa
-          Frida
-          O lago dos cisnes

Como ben podedes ver, soamente levamos estes traballiños, xa que o proxecto sobre: A volta ao mundo a partires dos contos, o levaremos ao finalizar o curso. De igual xeito, faremos un libriño cos aspectos traballados de lecto-escritura e de loxica-matemática.
Tamén na carpeta levades o boletín trimestral e unha foto do trimestre.
Soamente nos quedan dous meses por desfrutar e seguir aprendendo xuntos. Espero que nas vacacións os nenos e as nenas carguen as pilas para rematar o curso como se merece. Moitas grazas unha vez mais.
Un saúdo,
A profe Silvia 






Ningún comentario:

Publicar un comentario