mércores, 19 de abril de 2017

Pedimos axuda as familias

Queridas familias:

No noso cole estamos a traballar “Os dinosaurios” (como son, o que comían, onde vivían, como nacían, como era o seu corpo, os seus nomes…) e eu quero aprender moito sobre eles.

É por iso, que necesitamos da vosa axuda para dar comezo o noso proxecto e recoller información a través de: contos, películas, revistas, internet, fotografías, papás e mamás que coñezan o tema… e así tráelo a nosa aula para poder enseñarllo os meus compañeiros e compañeiras e aprender todos xuntos. Asi pois, poñemonos a investigar!
Moitas grazas!


Ningún comentario:

Publicar un comentario