mércores, 19 de abril de 2017

MOCHILA VIAXEIRA

Estimadas Familias:
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega propoñemos unha actividade que consiste na difusión de materiais en galego.
Para isto cada neno levará durante unha semana unha mochila con material en galego, contos, vídeos, música... Ademais tamén poderedes atopar un caderno onde os nenos poden facer un debuxo sobre o que mais lles gustou e vós poderedes darnos a vosa opinión osbre a iniciativa.
Na aula AZUL a mochila sairá o venres, e terá que regresar o venres seguinte.








Ningún comentario:

Publicar un comentario