mércores, 19 de abril de 2017

Este ovo misterioso....

Tras a vosa axuda na busqueda de información do noso proxecto comezamos a crear o noso recanto dos dinosauros, sobre o cal iredes vendo fotos ao longo dos dous trimestres de curso.

No día de hoxe....un ovo misterioso chegou ao cole, fumos a buscalo polo pasillo e alí encontrámonos tamén cos nosos compañeiros da clase rosa. Entre todos pensamos que ese ovo podía ser dun pitiño como Cocorico, ou do Polo Pepe.... pode ser da Pitiña Carlota... ou incluso dun dinosauro.
É momento de coidalo para iso decidimos metelo en agua para que se vaia abrindo!
¿Que será, será....? 





Ningún comentario:

Publicar un comentario