Agora tócame a min
dicir unhas palabras para poder despedirme de vós.
Quería comezar
agradecendo as familias a confianza depositada ao longo destes tres anos.
Espero que perdoedes os meus erros, pero grazas, grazas por axudar en cada
momento, por motivar a querer seguir aprendendo xunto aos meus nenos.
Así que grazas,
grazas a cada un de vós. Grazas: Elena, Andrés, Irene, Nacho, Martín, Aroa,
Alberto, Martina, Laura, Sofía, Nada, Ivo, Fátima, Yago e Ainoa. Grazas por que
con vós aprendín que hai persoas polas que vale a pena derretirse, que todo é
posible incluso o imposible, que o camiño correcto non é sempre o mais fácil.
Grazas por cada bico, por cada Profe Silvia te quiero e sobre todo grazas por
facer que por moi difíciles que fosen algúns días sempre me decides que non
queredes verme triste, grazas por darme todo a cambio de nada e grazas por ser
capaces de quitarme todos os días un sorriso.
Cando falo con
coñecidos desta profesión, din que pintando e coloreando o día pasa rápido,
pero sabedes que? Non teñen nin idea de todo o que xuntos podemos facer e
crear, de que dende os dinosauros a Australia hai todo un mundo por percorrer e
que incluso chegamos ata Marte.
Quero ser breve,
clara e concisa e quero que sempre lembredes isto que vos vou a dicir
-
Buscade sempre o mais vital
-
Que ohana significa familia e familia e estar
xuntos
-
Que todos tedes algo que vos fai diferentes
-
Lembrade sempre que por moito que voedes sempre
seguiredes xunto a min.
Espero que pasen os
anos e que vos teñades a mesma sensación de cando recordo eu a miña mestra de
infantil.
QUÉROVOS MOITO.
ATA SEMPRE "MEUS" NENOS. MILLÓNS DE GRAZAS
Este comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarEste comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarEste comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarGracias Laura, con familias como vos e nenos como Martín é una gozada ser mestra. Moitas grazas. Mil bicos. Vémonos prontiño
ResponderEliminar