mércores, 12 de xuño de 2019

O QUE APRENDIMOS SOBRE ÁFRICA

Como ben sabedes dende a volta das vacacións estivemos a traballar sobre África.
Africa foi un continente que nos encantou por moitas razóns:

Comezamos vendo un vídeo sobre este continente:  


Ademais coñecimos a canción de AMINA:


Tamén falamos sobre o continente Africano aprendendo:

Falamos do seu clima, do seu paisaxe. Coñecimos os baobas, o deserto e a sabana.




Fixemos unha clasificación, diferenciamos os anumais do deserto, da sabana e coñecimos tamén aos 5 grandes. Aproveitamos tamén os contos e os animais que trouxo Elena para así coñecer cousiñas sobre os mesmos: 






Tras falar deste continente e das súas características decidimos coñecer algún dos seus países. Aproveitamos que Nada é de Marrocos e nos contou algunha cousiña de cando visitou o seu país de procedencia. 
Tamén unha vez coñecimos o deserto do Sahara e o Río Nilo, viaxamos a EXIPTO 
Para iniciar esta viaxe contamos:
A lenda de Ra



 Coñecimos a forma de escritura exipcia, escribimos os nosos nomes con xeroglíficos. Vimos un papiro e falamos dos escribas.
Traballamos sobre as pirámides, vimos as súas características e coñecimos a Esfinxe, que representa un animal tombado con corpo de león e cabeza de muller.
Descubrimos on inventos exipcios: as tesoiras, as chaves, o cepillo de dentes.... Tamén falamos do seu animal sagrado: o escaravaello.
Falamos de Cleopatra e dos antigos deuses.  
Aproveitamos para coñecer a súa bandeira e a puxemos no noso mapa mundi.









 Ivo trouxo a pranta do deserto
 


Menuda viaxe! A nosa seguinte parada será Asia! Qué ganas de seguir aprendendo

Ningún comentario:

Publicar un comentario