mércores, 23 de xaneiro de 2019

NOVOS MATERIAIS: O mundo a partires dos contos


 Novos materiais chegaron a nosa aula. 
Como podedes ver nas fotografías Elena trouxo un oso polar e un pingüiño que son dous dos animais sobre os que investigaremos nas nosas viaxes ao polo Norte e ao polo sur.  Elena contounos que o oso polar xa fora da súa mamá cando era pequena. Temos que coidalo moito para que siga en perfecto estado. Mirade que bonitos:








Por outro lado, Ivo trouxo un libro moi interesante do que iremos sacando ideas dos distintos países os que visitar. Ademais ao final do libro trae un pasaporte, polo que decidimos elaborar un parecido e ir completando o noso.





Moitas grazas familias pola vosa implicación 



Ningún comentario:

Publicar un comentario