martes, 8 de xaneiro de 2019

BENVIDO 2019

 Hoxe voltamos a rutina. Os nenos e as nenas tiñan unha morea de cousas que contar. Foi por iso que a nosa asemblea hoxe alargouse durante toda a mañá.
Porén…. Faltaba algo: Os Reis non se lembraron de deixar nada na nosa aula…. Decidimos buscar polo resto do cole  e sabedes que atopamos?
UN MAPAMUNDI
Fíxonos moita ilusión. Xa sabía eu que as súas Maxestades de Oriente non se esquecerían duns nenos e nenas tan bos!
Gustaríame tamén saudarvos e darvos a benvida a un novo ano, no que espero que o mellor do 2018, sexa o peor do 2019.
Un bico, a profe Silvia.
 




 

Ningún comentario:

Publicar un comentario