xoves, 29 de novembro de 2018

MATERIAIS: O mundo a partires dos contos : MARTÍN, ELENA E SOFÍA


Comezan a chegar os primeiros materiais sobre Os Continentes. Nesta ocasión Martín, Sofia e Elena trouxeron distintas cousiñas que nos axudarán nas nosas investigacións. Ademais aproveitaremos os mesmos para facer distintas actividades relacionadas coa lecto escritura, loxica matemática...lectura de contos. 

Martin trouxo unha plantilla na que quixo escribir el solo os distintos continentes e debuxalos. Estaba moi ilusionado.


Sofía e a súa mamá traballaron un montón. Fixeron en escala os distintos continentes, escribiron o seu nome e pegaron os animais típicos de cada lugar. Ademais os animais é un aspecto sobre o que os nenos e nenas formularon preguntas para darlle resposta durante o proxecto. 










Elena e a súa mamá tamén trouxeron un montón de cousñas para traballar. Ademais fixeron un xogo moi chulo co que iremos descubrindo as bandeiras dos distintos paises aos que viaxaremos.
Facilitounos tamén moitos contos como os que podedes ver na fotografía. Canto traballo e que ilusión nos fai contarlle aos nosos compañeiros e compañeiras sobre as cousas que traemos. 




MILLÓNS DE GRAZAS FAMILIAS!!!






Ningún comentario:

Publicar un comentario