venres, 16 de novembro de 2018

AVISO: CARTA


Prezadas familias:
As aulas de sexto de Educación Infantil imos realizar unha actividade na que escribiremos unha carta e a enviaremos por correo aos distintos domicilios.
Con esta actividade traballamos o proceso lectoescritor e ademais coñeceremos os pasos para escribir unha carta e ir nós mesmos a envíala, nuha saída que faremos a oficina de Correos.
Para iso unha vez máis precisamos da vosa axuda. É importante que cubrades este papel, xa que así teremos os datos dos nenos e as nenas e os seus domicilios actualizados.
 Cando chegue a carta a casa será un gran momento, xa que os nenos e as nenas xunto a súa familia lerán a carta que lles enviou un/unha amigo/a da súa aula.
Por favor, é importante que nos facilitedes os datos para que todos e todas poidan participar na actividade.
Un saúdo,
As titoras de sexto de Educación Infantil da EEI da Pastora
 

DATOS A CUBRIR:

NOME DO NENO:
DIRECCIÓN:
LOCALIDADE:
PROVINCIA:
CÓDIGO POSTAL:



Ningún comentario:

Publicar un comentario