mércores, 3 de outubro de 2018

ARCIMBOLDO


A fada de Outono deixounos na nosa aula unha nova sorpresa: UNHA CARTA que atopamos na asamblea e que dicía o seguinte:
BOAS AMIGUIÑOS E AMIGUIÑAS.
RECORDADES QUE VOS DIXEN QUE TIÑADES QUE COÑECER A UN AMIGO?
BUSCADE POLA CLASE UN CADRO...
A PROFE SILVIA XA VOS CONTA O RESTO
 

Sucesivamente, Martín atopou un cadro no recanto de xogo simbólico
Así foi como investigamos de quen se trataba:
ARCIMBOLDO
Un pintor que naceu en Milán e que recreou as distintas estacións.
A continuación fixemos unha actividade de atención na que buscamos os diferentes froitos no cadro de Arcimboldo





 
 



 

 

 

 

 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario