mércores, 10 de outubro de 2018

A VENDIMA

O venres cinco de Outubro foi un día moi intenso.Comezamos a mañá coñecendo ao pintor español Goya e na súa obra a Vendima, tamén coñecida como o Outono.Recortamos as pezas e fixemos o quebracabezas seguindo o modelo.
 


 
 
Mirade que resultado mais chulo.
 



Despois, foi tempo de ir a machucar as uvas. Para iso os
 
nenos e nenas viñan preparados.
Dende o cole trouxemos as uvas e preparamos dous capachos:
Un con uvas e outro con auga quentiña e xabón.
Alternamos cos nenos e nenas da aula rosa.
Mirade que ben o pasamos!
 
 
 















 



 
 
 
 
 
 
 
 
Foi unha actividade moi interesante, xa que descubrimos
 
como antigamente se facía o viño e tamén traballamos as
 
sensacións.
 
 

A continuación fomos a clase dos nenos e nenas de tres anos a ver a mesa sensorial de outono que tiñan preparada.
 









Ningún comentario:

Publicar un comentario