mércores, 24 de xaneiro de 2018

NOS QUEREMOS A PAZ


Estamos a traballar sobre A PAZ!

Nesta ocasión na asamblea apareceron tres debuxos. Nun primeiro momento os nenos e nenas quedaron un pouco sorprendidos, xa que non entendía que facían as armas na nosa aula.
 

Foi o momento de formular preguntas como :

Para que serven as armas?

As respostas foron múltiples: para facer daño, as que ten spiderman….

A seguinte pregunta foi:

Gústanvos?

Neste intre fíxose o silencio, ninguén respondeu, ata que eu persoalmente comentei que a min as cousas que facían daño a outra xente non me gustaban, xa que non nos permitían estar en paz.

Foi así como xuntos chegamos a conclusión do sufrimento que procude a vioelncia e que nós de certa forma podemos cambialo.

Para iso decidimos convertir as armas en cousas fermosas: persoas, unha fada, a terra, unha isla, unha máquina de pasteiss…  Os nenos e  nenas falaron do bo que sería poder convertir todas as cousas malas en cousas bonitas así como de poder ter uns polvos máxicos que o fixesen.

Un dos principios educativos que debemos ter en conta é propiciar no alumnado un pensamento crítico e que mellor que aplicando na nosa aula a FpN (Filosofía para nenos/as)


Xuntos tamén estamos a aprender a seguinte canción:













Ningún comentario:

Publicar un comentario