luns, 15 de xaneiro de 2018

FACEMOS UN TAUMATROPO


Este ano, estamos a participar no Plan Proxecta na modalidade Nós tamén creamos, e por iso que imos aprender e investigar moitos dos aspectos que se relacionan co ámbito cinematográfico. Ademais elaboraremos unha curtametraxe coa técnica do Stop Motion a partir de contos facilitados pola editora OQO.
Unha das primeiras actividades que nos tocou nesta ocasión foi a elaboración dun TAUMATROPO. 

Sabedes o que é?

Tamén se chama MARAVILLA XIRATORIA e é un xoguete que reproduce o movemento mediante dúas imaxes e nos que se demostra o principio de resistencia retiniana.
Que vos parece?











Ningún comentario:

Publicar un comentario