martes, 24 de outubro de 2017

RINCON DOS DESCUBRIMENTOS



Na nosa aula hai un novo recanto que no que iremos recollendo todos os nosos novos coñecementos, así como onde buscamos a información.
Neste momento está a nosa mascota, o vello Leonardo…. Que dentro duns días terá que contarnos algo moi interesante! Tamén está Pedro Rosita, o ourizo que nos está a deixar cartas sobre todo o que estamos a aprender do outono.

Neste recanto faremos mapas conceptuais cos contidos aprendidos o longo do curso e o iremos completando coa información que as familias nos aporten cando comecemos a traballar o noso proxecto anual de centro que pronto descubriremos da man do noso amigo Leonardo.



Ningún comentario:

Publicar un comentario