martes, 10 de outubro de 2017

A caixa das sorpresas.

O pasado venres, 6 de Outubro, cando chegamos a clase, atopamos unha caixiña na zona da asamblea. QUE SORPRESA!!
Nin as profesoras nin nós sabiamos como chegara ata ahí.
Será un regalo dos Reis Magos? De Papá Noel? Preguntaban entre eles.

Por fin decidimos abrir a caixa, e... un ERIZO!!



É un erizo pequeno e moi suave,e ademais trouxonos unha mensaxe para todos nós.
Na nota poñía que tiñamos que pensar un nome para él, polo que todos tivemos que poñernos de acordo.
Algúns de nós queriamos chamarlle Pablo, e outros Rosita, polo que finalmente decidimos que recibise o nome de Pablo e como apelido Rosita.

BENVIDO A NOSA CLASE, PABLO ROSITA!! AGARDAMOS RECIBIR MOITAS MAIS SORPRESAS POLA TÚA PARTE.

Ningún comentario:

Publicar un comentario