domingo, 3 de febreiro de 2019

MATERIAIS: O mundo a partires dos contos


Seguimos a traballar aspectos relacionados co Polo Norte.
Descubrimos aspectos sobre os inuits, tamén chamados esquimais (homes que comen carne cruda). Aprendimos que son nómadas, que viven en tribus e que son moi acolledores.
Descubrimos as súas vivendas e agora sabemos que constrúen os iglús cando saen a cazar.
Martín trouxo a nosa aula mais materiais relacionados cos animais. É o momento de comezar a coñecer aos mesmos e aprender moitas cousiñas. 






Ademais gústanos moito bailar como se fosemos pingüíns. 




Ningún comentario:

Publicar un comentario