luns, 11 de xuño de 2018

INTERCENTROS

mestra Silvia, de Audición e Linguaxe,  invitounos a coñecer e falar cuns nenos e nenas de 5 e 6 anos dun cole de Verín. Todos aceptamos encantados porque recordamos que os cigarróns celébranse nesta localidade. Como chegar a Verín levaríanos moito tempo fixemos unha videoconferencia. Presentámonos todos e todas e fixemos as preguntas que quixemos...de que fostes disfrazados no carnaval? Que estades traballando? Sodes bos/boas na clase? Sabedes ler? Aínda que a conexión non era moi boa esa mañá,  gustounos moito e fíxonos moita ilusión coñecer a nenos/as como nos.
Grazas profe Silvia!!!

 
 
   
  

Ningún comentario:

Publicar un comentario