venres, 11 de novembro de 2016

SAMAIN !

A última semana do mes de Outubro e a primeira de Novembro celebramos o SAMAÍN!
En primeiro lugar descubrimos e demos resposta a pregunta ¿QUE É O SAMAÍN? 
Para iso, vimos unha maqueta dun castro celta, e aprendimos que esta festa celebrábase como fin da tempada das colleitas.

Ademais aprendimos distintas cancións como "CORRE CABACIÑA ou OS ESQUELTOS  (Clicando nos títulos poderedes acceder as cancións)

¿QUE FIXEMOS?

Decoramos a nosa porta despois de visualizar a Bruxa Regañadentes

Disfrazámonos....







































Como podedes ver tamén fixemos un mural conxunto, no que os fantasmas levan a nosa cara. Hai duas casiñas, unha da clase rosa e outra da clase azul! Picamos e pegamos!

Pero esto non foi todo....

Tamén fixemos distintos talleres: manualidades, cociña, xogos, un contacontos de moito medo....e EXPERIMENTOS: Baba de ornitorrinco! Para isto necesitamos pis de dinosaurio, polvos máxicos de elefante e baba de caracol!







Ademais na nosa casa decoramos cabazas e fixemos unha exposición


Como podedes ver, fixemos e aprendimos un montón de cousas! Ahora chega o magosto!!!!!










Ningún comentario:

Publicar un comentario